O V aniversario d'A Candeloria é xa e será a finde mais tola que vivirá Lugo


FEB 2018 Os día 22,23 e 24 de febreiro "A Candeloria" abre de novo as suas portas en Lugo con música galega, estatal e internacional na cidade das murallas de grupazos como: Non Servium + Russkaja + Mafalda Grupo + True Mountains + Satanic Surfers + GBH + SES + No Fun At All + APHONNIC + As Punkiereteiras + Dubioza kolektiv + Habelas Hainas + NARCO + Skama La Rede + Agoraphobia + CRIM + Huntza + Leo Arremecághona + Desakato + BALA + MaCHiNa + O Puto Coro do Exército Froilanista
"Bala" - ilustración da responsable de deseño gráfico do Festival: Sozosuru -
Fai xa cinco anos que un grupo de lucenses, amantes de Lugo e da cultura galega, montaron a primeira edición deste festival que este ano está de V aniversario e promete ser épico, confirmándose como un referente no mapa festivaleiro galego e estatal.


Xa o venres 16 de febreiro as 22:30h no Club Clavicémbalo (Lugo), hai festa pre-festival con sorteos de camisolas e consumicións do festival, coas bandas Ruxe - Ruxe + Arrhythmia + Rebeliom do Inframundo

Entradas para o festival:

Discos Elepe (Vigo)
Don Disco (Lugo)
Discos_Portobello (A Coruña)
A Reixa Tenda (Santiago de Compostela)
Faíscas (Ourense)
 + Online Entradas a tu alcance | http://www.acandeloria.org/
 + Oficinas de Correos

Non queremos deixar pasar por alto o traballo gráfico da deseñadora Sozosuru que encantanos e invitamos a visitar a súa web e pasear por ela... quedaredes abraiados a cada clic ;)

Sozosuru