17/02 Proxección do documental "Gurumbé, canciones de tu memoria negra" en Lugo

FEB 2018 Facemos incursións de guerrilla pola rede e copiamosepegamos o que máis nos chama a atención do que di a xente sobre este documental:

" ...documental que trae ao presente a historia silenciada e enterrada dos miles de escravos negros que foron vendidos en prazas españolas... rescata do esquecemento a historia da escravitude africana na Península Ibérica, resaltando o protagonismo que, xunto a outros colectivos marxinais, tiveron na nosa historia e a nosa cultura... deixa claro, con evidencias moi fortes, a proximidade do flamenco e a cultura negro-africana..."

"A escravitude foi a gran impulsora do capitalismo español e de moitas grandes fortunas no noso país, que aínda hoxe teñen moito poder económico e ás que non lles interesa que se visibilice a historia que propulsó esa riqueza"

"Gurumbé, canciones de tu memoria negra" fixo un cheo completo na Cineteca de Madrid durante seis días e agora temos a oportunidade de disfrutala en Lugo este sábado 17/02 nun pase que tamén terá charla con Manuel Iván Castro Freire presidente da FOJA en Galicia e do movemento panafricanista en Galicia, e a quen lle apeteza - previa inscrición - cea vegana africana.



"Gurumbé, canciones de tu memoria negra" 72 minutos.
Sábado 17/02
20:00 horas
Lugar: Ateneo Libertario Engranaxe - Rúa Río Sil N°52