A Biblioteca Municipal de Lugo alcanzan os máis de 18.100 préstamos

FEB 2018 Vimos de coñecer os datos de 2017 da Biblioteca Municipal de Lugo (Parque da Milagrosa) e son os seguintes:

Número de persoas usuarias novas: 352
Número de prestamos: 18.100 (14.494 libros e  3.627, audiovisuais)
Novidades: 837 exemplares (442 para adultos e 395 infantís)
Os libros da sección de adultos máis solicitados foron: Todo te daré e Ollos de auga.
Os libros da sección de infantil máis demandos foron: Diario de Greg e Escarlinata a cociñeira defunta
O catálogo dixital recibiu máis de 13.200 visitas

Os libros en castelán da sección de adultos máis solicitados foron:

Todo esto te daré, de Dolores Redondo;
La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Jöel Dicker,
Patria de Fernando Aramburu,
La chica del tren, de Paula Hawkins e
El Desorden que dejas, de Carlos Montero.

En galego, os exemplares máis prestados foron:

Ollos de auga, de Domingo Villar,
Mercurio, de Emilio Alonso,
Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas,
Memorias dun neno Labrego, de Xosé Neiras Vila e
Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello.


Polo que respecta á sección infantil, os libros en castelán máis solicitados polos nenos e nenas foron:

Diarigo de Greg: ¡Esto es el colmo!, de Jeff Kinney,
Una aventura en el Caribe, de Tea Stilton,
El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares,
El juego infinito e
 Buscando plan, de Ransom Riggs, James Dashner e Jeff Kinney, respectivamente.


No que se refire ás obras en galego, os máis pequenos da casa decántanse por:

Escarlinata a cociñeira defunta, de Ledicia Costas,
 Os Bolechas van a un festival de Pepe Carreiro,
Europa express, de Andrea Maceiras,
Xenaro e o misterio da mochila verde, de Mar Guerra e
O escarabello de ouro e outros contos, de Edgar Allan Poe.

A Biblioteca Municipal de Lugo conta na actualidade cun fondo bibliográfico de 38.429 exemplares, entre libros de adultos, infantís e xuvenís, documentos audiovisuais, documentos sonoros e documentos electrónicos. Na actualidade, do total de persoas usuarias inscritas no servizo de préstamo, 12.874, 11.400 son adultos e 1.474 nenos e nenas.

Catálogo dixital
O catálogo dixital da Biblioteca Municipal de Lugo, que permite realizar consultas e reservas de fondos a través de Internet, recibiu máis de 13.200 visitas. A este catálogo pódese acceder dende http://biblioteca.lugo.gal e a través da web municipal. O acceso xeral ao catálogo, para o que non é preciso estar rexistrado, permite a visualización dos resultados de cada busca cos datos bibliográficos do documento e ofrece ligazóns sobre os seus autores e materias.

Ademais, as persoas usuarias rexistradas, para as que é preciso dispoñer do carné de lector da biblioteca, dispoñen dos seguintes servizos:

• A recepción de mensaxes relativas a reservas, devolucións e informacións de interese
• A visualización do histórico dos préstamos realizados pola persoa usuaria
• A renovación dos préstamos, sempre que non estean atrasados ou non posúan reservas
• A reserva de exemplares
• A suxestión de documentos para a súa compra mediante desiderata
• A inclusión de temas ou autores de interese de cada persoa usuaria, que permitirá que sempre que unha nova obra sexa catalogada e atenda aos datos incluídos polo usuario, este reciba un correo electrónico comunicándolles a nova incorporación


O inicio de sesión como usuario rexistrado realízase co número de carné e unha contrasinal que se lles facilitará dende a propia biblioteca. Os que xa teñan o seu correo electrónico rexistrado na biblioteca poden solicitar a súa contrasinal acudindo persoalmente ou enviando un correo electrónico a bibliotecamunicipal@concellodelugo.org.

No que se refire ao libro electrónico, o control do números de usuarios realízase a través da Xunta de Galicia. Sen embargo, a través da biblioteca municipal as persoas interesadas si se poden dar de alta.