Programación da XVIII Mostra de Teatro Clásico de Lugo

XAN 2018 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves no Edificio de Novas Tecnoloxías a programación da Mostra de Teatro Clásico, que na súa 18ª edición volve a ofrecer un cartel de luxo con seis obras e dous monólogos.

Arrancará o 1 de febreiro con La Comedia de las Mentiras, que no seu elenco conta con Pepón Nieto e María Barranco, e continuará ata o 3 de marzo. Todas as obras comezarán ás 20:30 horas. A programación é a seguinte:

1 de febreiro, no auditorio Gustavo Freire: La Comedia de las Mentiras, de Pep Antón Gómez e Sergi Pompermayer, a cargo de Mixtolobo e Pentación Espectáculos

4 de febreiro, no Gustavo Freire: La Judía de Toledo, de Lope de Vega, coa Compañía Nacional de Teatro Clásico en coprodución con Micomicón Teatro e A Priori Gestión Cultural

 15 de febreiro, no Gustavo Freire: Helena: Xuízo a unha Lurpia (monólogo), de Miguel del Arco, con Teatro do Atlántico

17 de febreiro, no patio do Vello Cárcere: A Noiva de Don Quixote (monólogo), de José Lus Esteban, con Emedous

18 de febreiro, no Gustavo Freire: Cervantina, versión e direccións sobre textos de Cervantes, a cargo da Compañía Nacional de Teatro Clásico en coproducción con Ron Lalá

24 de febreiro, no Gustavo Freire: El Rufián Dichoso, de Cervantes, con Producciones Teatrales Siglo de Oro, Pentación Espectáculos e Pánico Escénico Producciones

2 de marzo, no Gustavo Freire: O Servidor de dous Amos, a partir do texto de Carlo Goldoni, con Talía Teatro

3 de marzo, no Gustavo Freire: Eco y Narciso, de Calderón de la Barca, con Miseria y Hambre Producciones



A maiores, terá lugar un encontro con Rodrigo Arribas, director da obra El Rufián Dichoso, o 23 de febreiro no auditorio do Vello Cárcere, e dúas intervencións na rúa, ao fondo da Praza Maior, ás 12:00 horas, a cargo de Espazo Artístico 10 e Os Palimoquiños. Interpretarán Quen ocupa esa cadeira? Atopémonos con Shakespeare.

O prezo das entradas é de 10 euros na zona A e de 8 na zona B, cun desconto do 20% no caso de persoas no paro, menores de 30 anos, pensionistas e integrantes da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Para as seis representacións principais ofrécese un bono de 35. En canto aos dous monólogos, terán un prezo único de 5€ e non entran nos bonos.

As entradas poderán adquirirse a través do portal web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo ata tres horas antes do comezo de cada función, e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo. Polo que respecta aos bonos, poden comprarse na Oficina de Turismo ou a través de www.entradaslugo.es ata o 30 de xaneiro.