Lois Pérez presentou no Clavi o seu libro "Long Play" e por nos todavía seguiría no escenario

DEC 2017 O Club Clavicémbalo e a Librería Trama fundironse nun na noitiña pasada, e sen decidir con cal nome quedarse (Club Trama ou Librería Clavicémbalo) arrincaron a presentación do libro "Long Play" de Lois Pérez - LP de LP - cun local ateigado de xente de miradas luminosas.

Todo eran ollos que escintiliban de admiración e orgullo na oscuridade do local hacia o autor lucense que nunha máxica presentación de libro (literatura e rock and roll, poesía cantada, comedia e seriadedade sen chegar ó drama) falou, recitou, cantou e nos levou con él, ó seu carón nas súas verbas sobre a súa vida, o libro e os poemas ... pasando de ser Lois Pérez a "o Lois", gañando pola súa cercanía, humildade, sentido do humor e calidade dos textos ese "título" tan galego que só damos ós que queremos e admiramos, ós que nos fan partícipes con cariño da súa vida: "o" ... o Lois.

O Lois fíxonos rir moito, moitísimo. Tanto coas súas ocurrencias - é un comediante nato - coma cos poemas do libro (Abadín, Muimenta, a Troco, os baños do Clavi, Ian Curtis, unha muller brasileira ou portuguesa, Ohio, Kentucky ... todo nun poema beat... soñeino? é real? ...hoxe vou mercar o libro só por averiguar) Fíxonos participar repetindo partes, distribuiu tempos e coros coma o líder dos Stones, e soubo introducir seriedade e cordura e sentimentos fondos e incluso de rabia final acabando nun estoupido sonoro: aplausos e gran ovación ... queremos máis, queríamos máis ... desexamos que esta presentación deste LP doble... o Long Play de Lois Pérez ... a súa cara A e cara B e viceversa non acabara nunca.
Gústanos moito que a portada sexa unha foto ... e unha tan boa.

Sobre "Long Play"

Editado por Xerais. Papel 14,50 x 22,00 cm Rústica cosido a fío  192 Páxinas

 ... versos que teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da "twitteratura" a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a "aritmética beatle": letras tristes + alegres melodías.

As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda.A "ledicia blue" que agroma do triste. A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.



















COMPARTE ESTE ARTIGO NAS TÚAS REDES